Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Black Friday mostra a dobre cara no pequeno comercio: máis vendas pero con menos marxes

O Black Friday mostra a dobre cara no pequeno comercio: máis vendas pero con menos marxes

Moito movemento, xa dende primeira hora, nas zonas comerciais para aproveitar os descontos do venres negro

Os inspectores de consumo calculan que un 70 % dos descontos incurren en prácticas fraudulentas

G24.gal 29/11/2024 14:19

"Unha pregunta: que prezo ten? Vale 104,90 pero agora ten o desconto e queda en 83,90". 

É o tipo de conversa máis repetida hoxe. É Black Friday, Venres Negro, benvidos á festa dos descontos e do consumo.

"Hai que aforrar un pouquiño. É a única maneira de chegar a fin de mes".

"Vin acompañando a unha que si lle gusta o Black Friday".

"Gastei cento e pico e aforrei uns 60 euros".

"A xente aproveita para o Nadal e cos descontos, vende máis", comenta Yolanda Carrasco, de 4uatro estaciones.

Un movemento cunha dobre cara para o pequeno comercio.
 

"Vou ás grandes cadeas. O pequeno comercio non ten os descontos que ten as grandes. Entón, case non compro".

"O pequeno comercio vive de vender o produto sen descontos. Ao final, metémonos nun bucle que van catro ou cinco meses ao ano con descontos", lamenta José Antonio Conde, de Madison AV.

Conformes ou non, a gran maioría dos comercios vese obrigada a sumarse a esta febre importada dos Estados Unidos, pero hai quen se resiste, por economía e por convicción.
 

"As rebaixas son en xaneiro e non podes estar todo o tempo collendo cousas que non son de aquí. Nós non facemos", defende Ana Ordóñez, de Cocoe Moda.

Os propios forofos do Black confesan que boa parte das compras de hoxe acabarán de volta na tenda. 
 

"Viña por un xersei e ao final levo catro xerseis, unha chaqueta, un bolso..., e  ao final, quedarei cun xersei e un bolso".

"Chegas á casa e ao probalo ben, dis 'non, isto non' e vai de volta".

"Non. Foron tempos, pero non me deixo tentar".

A cara B do Black Friday está nas fraudes. Como se di, ninguén vende pesos a catro pesetas. Os inspectores de consumo estiman que un 70 % dos descontos son fraudulentos. Poñan os cinco sentidos para que este venres non acabe sendo tan negro como di o seu nome. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade