Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez acusa a dereita de estar nun black friday constante e vender a democracia

Sánchez acusa a dereita de estar nun black friday constante e vender a democracia

Sánchez : "Para os conservadores o venres negro non é só un día, é un método político, un estado mental permanente"

Sánchez recalcou diante do Consello da Internacional Socialista que a dereita tradicional abandonou os seus valores para non perder votos ante a extrema dereita

Pedro Sánchez na súa intervención deste sábado diante da Internacional Socialistas en la Valeta, Malta
G24.gal 29/11/2025 12:40 Última actualización 29/11/2025 14:58

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acusou este sábado a dereita de estar nun black friday constante, no que liquidan principios e servizos públicos e poñen á venda a democracia para escalar ata o poder.

Nun discurso ante o Consello da Internacional Socialista que se reúne este sábado na Valeta (Malta), Sanchez afirmou que "para os conservadores o venres negro non é só un día, é un método político, un estado mental permanente".

Sánchez, presidente da Internacional Socialista -organización que agrupa máis dun centenar de partidos socialdemócratas de todo o mundo- recalcou que a dereita tradicional abandonou os seus valores para non perder votos ante a extrema dereita, e resaltou que "só a socialdemocracia ten respostas que funcionan na vida real". 
 

Xuntaza do Consello Internacional Socialistas do que Pedro Sánchez é presidente neste momento. Imaxe: EFE Xuntaza do Consello Internacional Socialistas do que Pedro Sánchez é presidente neste momento. Imaxe: EFE
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade