Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bilbao Basket deixa o Breogán nos postos de descenso (68-80)

O Bilbao Basket deixa o Breogán nos postos de descenso (68-80)

Os de Mrsic pagaron caro un mal comezo de partido

O conxunto local chegou a estar a dous puntos de igualar, pero non foi quen de materializar a remonta

G24.gal 30/03/2024 18:07

O Breogán recibiu o Bilbao Basket no Pazo, na busca de saír dos postos de descenso, aínda que o resultado volveu ser o de case sempre.

O conxunto lugués semellou non aprender a lección o sábado pasado en Santiago e volveu xogar un primeiro cuarto moi deficiente. Os vascos foron moi superiores co paso dos minutos e o primeiro acto rematou cos visitantes sete puntos arriba no marcador. 9-16. No segundo cuarto os locais melloraron o seu xogo e pouco a pouco se foron achegando no marcador. No ecuador, a diferenza era tan só de dous puntos, pero o conxunto vasco reaccionou e volveu a ampliar a diferenza. Ao descanso, un marcador desfavorable para os galegos de 32-37. 

Á volta de vestiarios o Breogán buscou achegarse no electrónico, mais os visitantes estiveron mellor en defensa e foron pouco a pouco aumentando a vantaxe que tiñan no marcador. Ben é certo que non se desmarcaban demasiado, pero cada vez a diferenza ampliaba máis. O marcador ao remate do terceiro cuarto foi de 48-56. No derradeiro acto, os papeis non cambiaron e o conxunto visitante foi quen de manter a vantaxe obtida ao longo de todo o partido. Os de Mrsic semellan tocados trala derrota no derbi e o perigo do descenso segue no aire.

O resultado final, 68-80. O Breogán seguirá unha xornada máis ocupando postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade