Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi paga o esforzo europeo cunha clara derrota diante do Estepona

O Baxi paga o esforzo europeo cunha clara derrota diante do Estepona

A defensa do equipo ferrolán non estivo á altura e acabou perdendo por 75-95

G24.gal 02/11/2025 10:23

O Baxi Ferrol pagou o esforzo europeo e a complexidade do calendario e acabou perdendo con claridade na Malata contra o Estepona, un recén ascendido que gañou por 75-95. O equipo ferrolán non deu o nivel en defensa e encaixou vinte ou máis puntos en todos os cuartos. 

O primeiro resultou o único igualado (22-24) pero xa no segundo o cansanzo do Baxi notouse e iso aproveitouno o Estepona para ir ao descanso trece puntos arriba (36-49). Sika Koné estivo imparable en ataque (28 puntos e 38 de valoración) moi ben acompañada por Madison Conner (19) e Garrick (16). No Baxi funcionou Claire Melia (17 puntos) pero o problema estivo no aspecto defensivo. 

O partido quedou sentenciado no terceiro cuarto (54-75) e o último resultou un trámite. A derrota deixa o Baxi cun balance de dúas vitorias e 3 derrotas, o mesmo que o Estepona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade