O Baxi Malla no Gran Canaria (109-82) e alcanza ao Ensino, que caeu en Estepona (92-84)
As ferrolás pasaron dos 100 puntos por primeira vez esta temporada
O Ensino perdeu na pista do Estepona logo dun mal primeiro cuarto
O Baxi Ferrol acadou a súa undécima vitoria na Liga tras mallar no Gran Canaria na Malata 109-82. 27 puntos de vantaxe, primeira vez esta temporada que superan a centena de puntos.
Samson, con 20, foi a máxima anotadora do Baxi. Xogaron todas as convocadas, entre elas Silvia Millán, que disputou o segundo partido nesta liga.
O Baxi consolida o posto de play off e empata a vitorias, 11, co Ensino, que perdeu 92-84 en Estepona. As luguesas fixeron un mal primeiro cuarto, no que apañaron 29 puntos, o que as fixo ir sempre por detrás no marcador. Malia a impoñerse no segundo e no último parcial, acabaron caendo. De nada serviron os 21 puntos de Tate e Giomi.
Foto: @EnsinoLugoCB