Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino derrota ao líder no Pazo e aséntase na sexta praza

O Ensino derrota ao líder no Pazo e aséntase na sexta praza

As luguesas venceron ao Zaragoza nun gran partido (70-67)

O Baxi Ferrol complatou outra boa xornada galega cun triunfo na pista do Gernika (77-86)

G24.gal 08/02/2026 14:28

Na liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino deu unha das sorpresas da xornada e da temporada. Superou a un Zaragoza que chegaba como líder, un equipo que só cedera dous partidos en toda a liga.

Ao descanso perdían por 8 pero as galegas realizaron unha segunda parte case perfecta. Haidara anotou 18 puntos, porén as canastras decisivas levaron a sinatura de Imani Tate. Ainda así,o Zaragoza tivo o lanzamento para forzar a prórroga pero a tripla de Carla Leite saiuse de dentro.

A ledicia das xogadoras ensinistas e dos afeccionados estaba máis que xustificada. Terceira vitoria seguida para as lucenses que consolidan o sexto posto.

Foto: @GKesb Foto: @GKesb

Pola súa banda, o Baxi Ferrol sumou a segunda vitoria consecutiva, que lle permite asentarse no oitavo posto da clasificación con 10. As ferrolás encarreiraron o partido xa desde o primeiro cuarto, que levaron cun parcial de 15-30. A partir de aí administraron a renda, volvendo reaccionar tras o descanso ao intento de remonta das vascas. 

A vitoria final, por 77 a 86, comandárona Daniels con 24 puntos, e Moira Joiner con 20, mentres outras catro xogadoras achegaban dez ou máis puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade