Cargando resultados...
O Baxi non pode co Jairis na Malata (50-64)
As de Lino López deixaron fuxir o partido na primeira parte (17-33)
O mércores disputan o partido de volta dos 1/8 de final da Eurocup contra o Avenida (G2)
G24.gal
18/01/2026 11:02
Na Liga Feminina, derrota do Baxi Ferrol na Malata ante o Jairis. As de Lino López pagaron un mal primeiro tempo. Marcharon o descanso 16 puntos abaixo, 17-33. Melloraron tras o paso polos vestiarios pero non o suficiente para acadar a vitoria. Caeron por 50 a 64.
Daniels, con 16 puntos e 13 de valoración, foi a máis destacada do partido. O mércores, ás 8 e cuarto, veremos na G2 a volta dos oitavos de final da Eurocup contra o Avenida.