Cargando resultados...
O Baxi Ferrol retoma o ritmo diante de Estudiantes (74-54) antes da eliminatoria europea
As galegas venceron con autoridade antes de enfrontarse co Avenida, nun partido que veremos o xoves na G2 (20:30h)
G24.gal
10/01/2026 21:23
Na liga feminina, o Baxi Ferrol comezou a segunda volta na Malata cunha vitoria fronte ó Estudiantes por vinte puntos. Logo da derrota ante o Leganés que as afastou da Copa, as galegas lograron a oitava vitoria da temporada nun partido no que dominaron todos os cuartos.
Daniels con 22 puntos foi a máxima anotadora do partido. Unha boa pedra de toque antes da eliminatoria europea que comeza este xoves diante do Avenida. Partido que veremos na G2 a partir das oito e media.
No outro partido con representación galega nesta xornada, o Ensino perdeu 79-74 na cancha do IDK.