Cargando resultados...
O Baxi Ferrol recibe "sen confianzas" o San Giovanni de Milán
O encontro comeza ás 20:15 e poderá seguirse en directo na G2 e en AGalega.gal
G24.gal
18/12/2025 12:28
Última actualización 18/12/2025 12:37
Hoxe xoves, o baloncesto continúa na G2 e en AGalega.gal, desta volta co segundo partido da eliminatoria de dezaseisavos de final da Eurocup Women.
O Baxi Ferrol recibe na Malata o San Giovanni de Milán, ao que xa derrotaron a semana pasada na cancha italiana por unha diferenza de dezanove puntos, 62-81. Así e todo, a superioridade galega non chegou ata o terceiro cuarto, porque no descanso as italianas só perdían por catro puntos.
Lino López apela á concentración.
"Hai milleiros de casos en roldas de exceso de confianza por non estar como hai que estar".
O encontro comezará ás 20:15 horas.