Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol mantén a esperanza de xogar o play off polo título

O Baxi Ferrol mantén a esperanza de xogar o play off polo título

Gañoulle ao IDK Euskotren por 65-60 e suma 13 vitorias

G24.gal 28/03/2024 21:31 Última actualización 28/03/2024 21:47

O Baxi Ferrol impúxose na Malata ao IDK Euskotren nun encontro que podería ser determinante para a disputa do play off polo título. 65- 60 para as xogadoras que dirixe Lino López que rexistran a súa décimo terceira vitoria e se colocan temporalmente sétimas na clasificación á espera do que faga o Gernika. Gala Mestres, con 18 puntos, foi a máxima anotadora do equipo ferrolán. Iris Junio anotou 15 para as guipuscoanas.

O Celta Zorka gaña en Xirona e pon lume na pelexa pola salvación

Contra todo prognóstico o Celta Zorka Recalvi impúxose na pista do Xirona (57-64) e deixa moi quente a zona de descenso, con catro equipos igualados cara as últimas xornadas e pelexando por evitar un posto de descenso directo. 

As de Cristina Cantero fixeron unha gran segunda parte (parcial de 29-41) e conseguiron gañar nunha das pistas máis difíciles da categoría. Samson, Musa e Trahan Davis foron as que tiraron do carro anotador no cadro vigués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar