Cargando resultados...
O Básquet Coruña volve á senda do triunfo mes e medio despois
G24.gal
29/01/2022 12:30
Na LEB Ouro, o Leyma Coruña volveu gañar mes e medio despois. Amosou fronte ao Cáceres claros síntomas de mellora (74-55). Cinco días antes, contra o Almansa, recibira 95 puntos en Riazor.
Diante dos estremeños apañou 40 menos. Ese bo traballo defensivo foi fundamental para asegurar un triunfo moi valioso, logo do parón pola COVID e de tres derrotas seguidas.
A vitoria, por 19 puntos, permítelle ao Leyma gañarlle ademais a diferenza de puntos particular ao Cáceres.