O base-escolta Rob Gray incorpórase ao Río Breogán
Gray procede do Prometey ucraíno, onde promediou 12,9 puntos, 2,5 rebotes e 2,6 asistencias en liga, e 6,8 puntos e 1,6 asistencias en Eurocup

O combo norteamericano de 1,86 m e 29 anos procede do Prometey ucraíno. Formado na Universidade de Houston, onde xa destacou cos Cougars (NCAA) e deixou rexistros históricos de anotación.
Tras disputar a liga de verán con Houston Rockets, en 2018, pasou a formar parte dos Indiana Mad Ants, afiliado aos Pacers, en G League.
En 2019 deu o salto a Europa da man do JL Bourg francés. Na liga gala xogou tamén no Metropolitans 92 (PRO-A)
En outubro de 2020 desembarca no AS Monaco, equipo co que logrou o título de Eurocup, sendo o terceiro anotador da competición tendo unha media de 18,2 puntos por partido.
Na campaña 2022/23, Gray xogou na liga turca co Tofas, onde se incluíu no segundo mellor quinteto da competición e foi o máximo anotador da BCL con 21 puntos de media por partido.
Gray procede do Prometey ucraíno, onde tivo unha media de 12,9 puntos, 2,5 rebotes e 2,6 asistencias en liga, e 6,8 puntos e 1,6 asistencias en Eurocup.
Rob Gray é un xogador con personalidade e experiencia en Europa, moi rápido, bo manexador e con gran capacidade de anotación.