Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barrio santiagués de San Lázaro celebra a súa tradicional poxa de uñas de porco

O barrio santiagués de San Lázaro celebra a súa tradicional poxa de uñas de porco

O bo tempo acompañou esta celebración á que acudiron centos de persoas 

Ata 120 euros se pagaron por un lote de uñas de porco 

G24.gal 23/03/2026 15:31

O barrio de San Lázaro acolleu esta mañá unha das tradicións máis arraigadas de Santiago: a poxa de uñas de porco.

Un costume que se mantén ano tras ano e que permite degustar, por exemplo, un dos pratos estrela da gastronomía de Compostela: as uñas con bertóns.

35 euros, foi o que se pagou polo primeiro lote en medio dun ambiente inconfundible e ata 120 foi o máximo que se chegou a pagar por outro.

Os cartos que se recadan son para as persoas máis necesitadas do barrio 

O día comeza en San Lázazo coa misa, que dá paso a un dos momentos máis agardados da xornada. A tradición manda poxar. Pero son moitos os que o fan varias veces, co ánimo de deixar no barrio unha esmola para os que máis o necesitan.

E como boa festa de barrio, hai quen agarda ata o final para facerse cun bo lote.

San Lázaro vive así unha das súas xornadas máis multitudinarias, reafirmando o arraigamento dunha festa moi querida da cidade de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade