Cargando resultados...
O Barbadás vende cara a derrota ante o Valladolid (0-2)
Un gol en propia porta e outro de Sergio León decidiron a eliminatoria
G24.gal
12/11/2022 17:56
O Barbadás da Preferente galega deu a cara diante do Valladolid. Perdeu por 0-2 pero realizou un gran partido ante un equipo de Primeira División. O campo do Couto engalanouse coa tribuna ateigada para ver un partido que quedará na historia do cadro ourensán.
O Valladolid marcou pronto os dous goles e logo xogou máis tranquilo co resultado a prol. Un autogol no 12 e un tanto de Sergio León deixaron a eliminatoria sentenciada. Pero iso non fixo que o Barbadás baixase os brazos. Durante todo o partido buscou o gol da honra e tivo algún achegamento de perigo.
Tamén tivo protagonismo o porteiro Borja Atanes, que lle detivo un penalti a Kike Pérez a dez minutos para o final.