Publicador de contidos

Publicador de contidos

Julio Bernárdez: "O baloncesto feminino xa non é un complemento, é o buque insignia"

Julio Bernárdez: "O baloncesto feminino xa non é un complemento, é o buque insignia"

O presidente da Federación galega analiza as claves do bo momento deportivo, e avisa dos perigos nesta entrevista

G24.gal 28/06/2026 20:48

Co ascenso do Celta Zorka a Liga Endesa, Galicia completa, máis de tres décadas despois, un sexteto de aspirantes entre a elite do basquet nacional.

Breogán repìte en ACB e tamén en Europa, na BCL; Obradoiro volveu á máxima categoría pola vía rápida. E o Leyma Coruña regresa un ano despois con azos renovados. 

Baxi Ferrol e Durán Maquinaria Ensino de Lugo, en Eurocup,  tamén xogarán por Europa adiante. 

Detrás deste escintilante momento que vive o basquet do noso país, encontramos como principal problema para os xogadores en formación a chamada das universidades dos Estados Unidos, que ofrecen cartos e a posibilidade de facer realidade o soño americano.

A outra fuxida de talento é nos banquiños, na liga ACB o mercado e os resultados mandan.

E Galicia, con dous campionatos de España no peto, o último en Melilla coa U13 feminina, non é allea ao crecemento da modalidade 3x3.

Na potente ACB, na emerxente Liga Feminina Endesa, o co aire fresco do 3x3...as primeiras canastras de setembro serán o inicio do gran ano do basquet galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade