Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Banco de España rebaixa a súa previsión de crecemento ao 4,5 %

O Banco de España rebaixa a súa previsión de crecemento ao 4,5 %

É unha revisión á baixa de case dous puntos, que atribúe ao empeoramento da situación sanitaria, a persistencia da crise de subministración e o atraso na execución dos fondos europeos

Prevé que os prezos medren máis do estimado no anterior informe

G24.gal 17/12/2021 13:37

O Banco de España rebaixa a súa previsión de crecemento para este ano ata o 4,5 por cento, o que supón unha rebaixa de 1,9 puntos respecto da súa anterior estimación.

Ademais, eleva a súa previsión de inflación, cun crecemento dos prezos previsto para este ano do tres por cento, oito décimas máis ca na anterior estimación. Para 2023, prevé que será do 3,7 por cento.

No seu último informe trimestral alude ao empeoramento da situación sanitaria, a persistencia dos problemas globais de subministración e os atrasos na execución dos fondos europeos.

Tamén destaca que as proxeccións son menos optimistas que en setembro debido "ás sorpresas á baixa nos datos do segundo e terceiro trimestre", e polo "menor dinamismo da actividade" no último trimestre.

A entidade rebaixa en menor medida, catro décimas, o crecemento previsto para 2022, ata o 5,4 por cento, lonxe do sete por cento que prevé o Goberno. Para 2023, o Banco de España eleva case dous puntos a estimación, ata o 3,9 por cento.

"Baixo a traxectoria proxectada, o momento en que o produto da economía recuperaría o seu nivel previo á pandemia situaríase entre finais de 2022 e comezos de 2023", augura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade