Cargando resultados...
O Balonmán Cangas asegura a permanencia en Asobal
Gañoulle 28-24 ao Antequera no Gatañal
G24.gal
07/05/2022 19:36
Na Liga Asobal, o Cangas Frigoríficos do Morrazo asegurou a permanencia con tres xornadas de antelación.
E así o festexaron sobre a pista do Gatañal, agradecendo á afección o apoio amosado durante toda a temporada. Venceron 28-24 o Antequera. Dani Fernández, con nove goles, e David Iglesias, con seis, foron os máximos goleadores dos galegos. Cangas, oitavo, con 26 puntos.