Publicador de contidos

Publicador de contidos

O balón parado deixa o Dépor Abanca sen opcións de ascenso salvo milagre

O balón parado deixa o Dépor Abanca sen opcións de ascenso salvo milagre

G24.gal 30/04/2022 14:00

Dúas accións a balón parado permitiron ao Español remontar o gol inicial de Alba Merino a prol do Deportivo e levar os 3 puntos de Abegondo, nun encontro no que o cadro visitante foi polo xeral dominador da pelota e das ocasións.

E iso que todo comezou moi ben e moi cedo para os intereses brancoazuis, cun pase maxistral de Ainhoa Marín e coa definición de Alba Merino para abrir a lata no minuto 7 de partido. Pero a ledicia non durou demasiado, no minuto 23 empataba Xénia para as visitantes nunha acción a balón parado e cun remate que bateu no pau antes de entrar na porteria de Ana Valles.

O gol deulle azos ao Español que tivo varias ocasións para remontar o partido xa na primeira metade, pero ao descanso marchamos co 1-1. E o guión repetiuse na segunda parte, aos 10 minutos Adriana Martín aproveitou unha xogada embarullada na área para remontar o partido.

Un resultado que xa non trocou malia que María Ruíz e Ainhoa Marín tiveron dúas boas ocasións para lograr o empate no marcador. Coa derrota, o Deportivo queda a 6 puntos máis diferencia de goles do único posto de ascenso directo, moi complicado. E ademais, déixaas coa obriga de sumar para evitar o play-off de permanencia e asegurar estar para o ano no Reto Iberdrola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade