O baixo prezo das verduras galegas fai retomar a tradición do caldo
O repolo está a 1,25 o quilo e a mada de nabizas a 2,95
Nos restaurantes é un prato cada vez máis demandado nestas semanas
A só un euro con vinte e cinco o repolo e a dous noventa e cinco a manda de nabizas atopamos no mercado do centro de Lugo. As verduras galegas resisten a inflación, e por iso están a ter unha alta demanda. Por iso e porque estamos no tempo en que o seu consumo se dispara en forma de caldo para combater o frío.
Para a elaboración do caldo é fundamental unha boa verdura, pero non son menos importantes os elementos que a acompañan, especialmente as pezas de carne de porco e algo tan tradicional coma o unto.
Tamén son precisas as fabas e patacas para elaborar o caldo, sexa cal sexa a verdura empregada. No concello de Lugo e practicamente en calquera de Galicia é posible atopar alguén que produza os ingredientes necesarios para o caldo. O mellor exemplo de menú quilómetro cero.