Publicador de contidos
Publicador de contidos

O avance sen control do incendio de Tenerife obriga a evacuar 26.000 persoas

O avance sen control do incendio de Tenerife obriga a evacuar 26.000 persoas

As lapas afectan xa case 7.000 hectáreas nun perímetro de 62 quilómetros e 11 dos concellos da illa

Os traballos de extinción céntranse na defensa dos núcleos de poboación, ante un incendio "fóra de capacidade de extinción" con condicións desfavorables

Emerxencias das Canarias habilitou 12 centos para albergar as persoas desaloxadas

Veciños observan as lapas nas proximidades de vivendas
G24.gal 19/08/2023 20:58 Última actualización 19/08/2023 21:22

O incendio de Tenerife continñua imparable ante as adversas condicións meteorolóxicas que complican o seu control. Hai tres frontes principais abertas que xa afectaron a 6.791 hectáreas nun perímetro de 62 quilómetros.

As estimación indican que xa hai evacuadas 26.000 perosas. Este sábado houbo novas evacuacións de poboación nos municipios de La Orotava, Santa Úrsula, A Matanza, La Victoria, Tacoronte e Los Realejos.

“A realidade superou as expectativas”, lamentaba o presidente canario, Fernando Clavijo, en referencia á situación do incendio. Son 11 os concellos afectados cun avance sen control do lume nun dos peores incendios nas Canarias nos últimos 40 anos.

A meteoroloxía adversa cun nivel de humidade baixo, altas temperaturas e ventos cruzados dificultou as tarefas de extinción que son "moi complicadas", dixo a directora técnica de extinción Montserrat Román.

O vento do leste que vai cara ao oeste xera no incendio unha dinámica propia e turbulencias que impiden polo seu perigo a intervención dos medios terrestres e aéreos, explicou a directora técnica. Malia destas condicións, durante o día púidose consolidar a fronte sur do lume "que vai moi ben", sinalou Román, mentres que seguen preocupando os altos de Santa Úrsula, La Orotava e Güímar.

A última hora procedeuse a unha nova evacuación en Tacoronte, que se suma ás numerosas que se fixeron durante o día tras o avance do lume na zona norte da illa. Nesta zona, segundo os técnicos, o lume esta desbordado e de acordo á nova terminoloxía forestal, cun comportamento que responde a un incendio de sexta xeración.

O responsable da extinción, Pedro Martínez, recoñeceu que se trata dun incendio que "esta fóra da capacidade de extinción" e, a pesar dos esforzos e da planificación, nada puido parar o seu avance.

Con todo, o presidente canario, Fernando Clavijo, consideraba que os esforzos non resultaran en balde xa que, grazas ao traballo e a pericia do operativo, o escenario non era o máis catastrófico posible.

Durante o día actuaron 17 medios aéreos, aos que se lles unirán dous hidroavións máis, mentres que por terra traballan máis de 260 efectivos. Os medios aéreos non o tiveron fácil debido á falta de visibilidade nas primeiras horas que foi mellorando ao longo do día. A pesar dos obstáculos, Román insiste en que se fará un reforzo inxente para que a situación mellore.

Para atender os milleiros de evacuados, o Goberno das Canarias, en colaboración cos concellos, puxo á disposición 12 centros para a súa atención, aínda que unha gran maioría preferiu instalarse en casas familiares.

A conselleira de Benestar Social do Goberno das Canarias, Candelaria Delgado, informou de que se realiza unha triaxe das persoas evacuadas para saber cales son as súas necesidades e atendelas. Tamén o conselleiro autonómico de Seguridade, Manuel Miranda, insistiu en que a prioridade son as persoas e as súas propiedades, e pediu a colaboración cidadá para que se sigan as instrucións que se dan desde a dirección da extinción.

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, visitou a illa e mostrou a colaboración do Goberno central para combater este incendio, considerado xa como un dos máis grave dos ocorridos en Tenerife.

Helicóptero traballa na extinción do incendio en Tenerife Helicóptero traballa na extinción do incendio en Tenerife
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade