Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aumento de veciños fai aumentar o consumo de auga da traída en moitos núcleos de poboación

O aumento de veciños fai aumentar o consumo de auga da traída en moitos núcleos de poboación

Na parroquia de Codeseda, na Estrada, cuadriplicaron nun mes o consumo de auga 

A maioría dos veciños conéctanse aos pozos particulares para paliar a escaseza

Marta González Salve 28/07/2022 14:34

A estación de tratamento de auga potable de Parada é a que abastece todo o núcleo urbano da Estrada e varias parroquias da contorna, entre elas Codeseda, onde no último mes se detectou que se multiplicara por catro o consumo de auga.

Esta parroquia na que residen arredor de 300 habitantes duplica a súa poboación nos meses de verán.

A escaseza de caudal que lles chega de da traída obriga a maioría dos negocios da zona a facer uso dos pozos particulares.

Procuran facer un uso responsable da auga, tal e como recomendan.

De momento non hai restricións, pero xa se detectaron cortes puntuais como da pasada madrugada que os deixou sen auga  desde as 11 da noite ata as 7 da mañá.

Desde o Concello chaman a un consumo responsable para que o gasto de auga non supere os niveis de capacidade da estación de abastecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade