Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arsenal quítalle a supremacía europea ao Barcelona feminino

O Arsenal quítalle a supremacía europea ao Barcelona feminino

O equipo catalán, campión no 2021, 2023 e 2024, perdeu por 1-0 cun gol de Blackstenius

G24.gal 24/05/2025 21:36

O Barcelona perdeu diante do Arsenal (1-0) na final da Liga de Campións feminina co que as "gunners" lograron o seu segundo título continental despois do gañado en 2007. O Barça non conseguiu impoñer o seu fútbol durante o partido e o encontro quedou decidido cun gol no minuto 74 de Blackstenius cando o equipo español acentuaba o seu dominio. Buscaron o tanto ata o final para gañar a terceira Champions consecutiva -cuarta no seu palmarés- pero foron incapaz de marcar o gol que tería forzado a prórroga. 

1 - Arsenal: Van Domselaar; Fox, Williamson, Catley, McCabe; Maanum (Blackstenius, min. 65), Little, Mariona Caldentey; Kelly (Mead, min. 65), Russo (Wubben, min. 91) e Foord (Hurtig, min. 85)

0 - FC Barcelona: Cata Coll; Ona Batlle, Irene Paredes, Mapi León (Engen, min. 78), Fridolina Rolfö (Brugts, min. 78); Aitana Bonmatí, Patri Guijarro, Alexia Putellas; Caroline Graham Hansen, Ewa Pajor e Claudia Pina (Salma Palalluelo, min. 62).

Goles: 1-0, min. 74: Emma Blackstenius

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade