Publicador de contidos

Publicador de contidos

O arriscado reto viral do 'plastic eating'

O arriscado reto viral do 'plastic eating'

A conduta normaliza e reforza a delgadez e pode anticipar trastornos alimentarios

Os expertos advirten de que pode provocar feridas na boca, asfixia e intoxicación por microplásticos

Este novo reto chega da China a través do TikTok
G24.gal 11/03/2026 14:07

Na estupidez humana sempre hai quen sobe un chanzo máis. O novo reto viral extremo chega da China. Consiste en cubrir a boca cun plástico, introducir a comida, mastigala e logo cuspila. A idea é enganar o cerebro e que non entre no corpo nin unha soa caloría.

Esa nova tendencia viral chámase plastic eating. Preséntase coma un suposto truco para controlar o exceso de peso, pero non deixa de ser o caldo de cultivo para trastornos alimentarios.

"Simplemente meter algo na boca e despois cuspilo pode reforzar moi facilmente unha anorexia nerviosa, por exemplo", explica Lucía Terzi, nutricionista.

Mastigar e non tragar non deixa de ser un castigo.

"E o castigo ten como consecuencia que en realidade se recorre aínda máis á comida para darme máis satisfacción", continúa a nutricionista.

Ademais do efecto rebote e dunha mala alimentación, os nutricionistas advirten dos riscos de asfixia e de toxicidade accidental. Este reto abre un novo debate sobre a presión estética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade