Publicador de contidos

Publicador de contidos

O arquitecto Domingo de Andrade, homenaxeado no Día das Artes

O arquitecto Domingo de Andrade, homenaxeado no Día das Artes

Considerado o mestre do barroco galego naceu en Cee en 1639 e finou en Compostela aos 73 anos

Foi o creador da Torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela

Beatriz Moyano 17/11/2021 21:29

Arquitecto universal, galego no mundo e ceense. Alí naceu en 1639. Finou en Compostela, 73 anos despois, na mesma cidade onde abandonou os estudos eclesiásticos para comezar os de Artes na Facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Completounos en Salamanca e obtivo o título en Alcalá de Henares. 

Nos 40 anos que estivo activo a súa obra foi ampla e polifacética. Foi arquitecto, escultor, ourive, mestre, inventor. O grande impulsor do Barroco en Galicia. O seu legado está espallado en todo o país, porén en Santiago están as súas obras máis valiosas.

Na catedral estivo primeiro como encargado e logo como mestre das obras do templo. A súa obra máis destacada é a famosísima Torre do Reloxo, que amais de marcar as horas e o ritmo da cidade é considerado tamén un faro para guiar os peregrinos.

O mestre galego do Barroco deixaría en Compostela outra obra única, a tripla escaleira helicoidal do convento de Bonaval, hoxe Museo do Pobo Galego.

Andrade chegou a publicar un libro en 1695 sobre a profesión de arquitecto, o primeiro deste tema publicado en Galicia. Porén deixaría a profesión uns anos despois, cando enviuvou e se fixo sacerdote. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade