Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aparcadoiro pantasma da Lavacolla segue operando a pleno rendemento

O aparcadoiro pantasma da Lavacolla segue operando a pleno rendemento

Comerciantes e veciños teñen medo de denunciar a parella que dirixe o negocio 

G24.gal 11/10/2022 14:26

O aparcadoiro pantasma da Lavacolla xunto ao aeroporto Rosalía de Castro de Santiago segue operando a pesar das denuncias. En datas coma estas, con días festivos ás portas, o volume de vehículos que os seus responsables deixan en aparcadoiros privados ou beiravías aumenta considerablemente.

É o que sucede por exemplo na gasolineira A Carabela. Os coches estacionados durante días ateigan o seu aparcadoiro. A policía recomendoulles pechalo con cadeas, pero eles prefiren deixar facer por medo a represalias. É o que está a suceder tamén en varios puntos máis e restaurantes da contorna. Téñenlle medo á parella que leva este negocio fraudulento, sen instalacións propias e sen vixilancia, que desatou o caos durante a Semana Santa no aeroporto ao non ser quen de devolverlles os coches a todos os seus clientes. Aena pechoulles algunhas leiras, pero eles, a pesar das denuncias e da presión policial, seguen actuando con total impunidade.

Só os responsables dos aparcadoiros legais atrévense a falar, veciños ou empresarios da Lavacolla prefiren non ter problemas cunha parella que a pesar do seu recente arresto e problemas xudiciais segue infundindo temor na zona.

A policía asegura que non pode facer moito máis nun caso xa xudicializado, en que se valorarán denuncias por coaccións, calumnias, desobediencia ou apropiación indebida. A presunta estafa ou agora usurpación de propiedade privada dependerían de máis denuncias que polo momento non constan en dependencias policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade