Cargando resultados...
O anticiclón fará subir as temperaturas ata os 30 graos no sur de Galicia
Agárdase un ascenso xeralizado das temperaturas, sobre todo nas Rías Baixas e Ourense
O vento do nordés refrescará o ambiente na Mariña e no litoral coruñés
G24.gal
25/05/2022 15:06
Hoxe é un día de transición, e nas rúas de Pontevedra, por exemplo, conviven os abrigos coas chancas e os vestidos de tirantes.
O anticiclón entrará gradualmente deixando tempo seco, ceo azul e unha forte suba de temperaturas con vistas á fin de semana, rozando e mesmo superando os 30 graos no sur de Galicia.
Será un tempo de praia, en pleno mes de maio, algo que non todos agradecen.
Eses que non levan ben tanta calor estarán mellor na Mariña ou nalgúns punto do litoral coruñés, xa que o nordés soprará deixando o ceo azul pero un ambiente máis fresco e propio da primavera.