Cargando resultados...
O Aluminios Cortizo impónse na penúltima proba da Copa de España de ciclismo
Venceu por equipos e tamén en categoría individual
G24.gal
07/05/2022 19:39
En Padrón, disputouse a penúltima proba da Copa de España de ciclismo con éxito local. Por vez primeira o Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo venceu por equipos e tamén en categoría individual.
Eric Fagúndez cruzou en solitario a liña de meta, con 40 segundos de vantaxe sobre Vicente Hernániz, do Vigo Rías Baixas, e Javier Serrano, do Eolo Kometa. Fran Muñoz foi o cuarto e convértese no novo líder da Copa de España en categoría absoluta. En sub-23 segue mandando Andoni López de Abetxuko, do Caja Rural Alea.