Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aleiro serbio Stefan Momirov, novo xogador do Río Breogán

O aleiro serbio Stefan Momirov, novo xogador do Río Breogán

Procede do Kolossos Rodou, terceiro clasificado da primeira liga grega

Tivo unha media de 6,9 puntos, 3,5 rebotes e 1,2 asistencias en 27 minutos de media sobre a pista

G24.gal 15/06/2022 11:19

O xogador serbio de 1,98 m. e 22 anos, Stefan Momirov, vestirá a camiseta celeste na tempada 2022-2023

O Río Breogán chegou a un acordo co aleiro serbio Stefan Momirov, procedente do Kolossos Rodou, terceiro clasificado da primeira liga grega tras os xigantes Olimpiacos e Panathinaikos, onde tivo unha media de 6,9 puntos, 3,5 rebotes e 1,2 asistencias en 27 minutos de media sobre a pista.

Stefan Momirov naceu en Vrsac, Serbia o 18 de decembro de 1999 e formouse na academia Rede Star, desde onde chegou en 2017 ao FMP Belgrado, onde permaneceu ata 2020 cunha cesión no Vrsac.

Na tempada 2020/21 xogou en Mega Soccerbet, mediando 6,9 puntos, 2,8 rebotes e 1,7 asistencias na Liga Adriática, antes de dar o salto á primeira liga grega.

Internacional con Serbia en todas as categorías de formación, logrou a medalla de ouro no Campionato de Europa U18 en 2017.

Momirov é un aleiro novo de gran proxección e con bo físico, bo defensor e con ameaza no tiro exterior. Pero, sobre todo é un xogador de equipo que achega en todas a faceta do xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar