O Breogán incorpora a Matas Jogela e dá por perdido a Hollatz
Jogela vén de promediar 13,2 puntos 5 rebotes e 2,2 asistencias por partido na competición lituana
Hollatz está a piques de pechar o acordo co Cedevita de Zagreb
O Breogán incorpora ao xogador de 24 anos e 2,01 m. procedente do Neptunas Klaipeda. Tras iniciar a súa carreira en equipos como Lietuvos Rytas e Zalgiris Kaunas, en 2019 chega a Neptunas onde vén de promediar 13,2 puntos 5 rebotes e 2,2 asistencias por partido na competición lituana.
Matas Jogela é un aleiro de bo físico e con talento, capacitado para ocupar varias posicións exteriores e anotar tanto de longa distancia como en penetracións, Jogela destaca tamén na súa capacidade para contribuír no rebote.
O novo xogador do Río Breogán acaba de recibir o galardón que o recoñece como como xogador con mellor progresión na liga lituana.
Hollatz, a Cedevita Zagreb
Justus Hollatz, base do equipo a temporada pasada e que o Breogán pretendía renovar, ten case pechado o acordo con Cedevita Zagreb, equipo que a vindeira temporada xogará competición europea.