Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, rompe o acordo de 30.000 euros coa Federación Galega

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, rompe o acordo de 30.000 euros coa Federación Galega

Destinará eses cartos para que a afección se desprace a Vigo

Mouriz: "O Celta B non está e as regras son claras. Imos xogar a hora e media de casa"

G24.gal 31/05/2022 13:34 Última actualización 31/05/2022 14:00

O alcalde de Ferrol, Angel Mato, rompe o acordo de trinta mil euros coa Federación Galega e destinará eses cartos para que a afección se desprace a Vigo.

A condición inicial era que o Rácing xogase o partido co Tarragona no seu estadio. Na Malata. A federación decidiu que ese encontro se xogue en Balaídos. Desde o equipo desdramatízase. O Racing está encantado con xogar o playoff de ascenso e foxe das polémicas. O regulamento indicaba que a capacidade dos estadios era a prioridade. E Riazor, Balaidos e A Malata forman a clasificacion neste apartado.

Mouriz: "O Celta B non está e as regras son claras. Imos xogar a hora e media de casa"

A Federación Española comunicou os estadios que acollerán os partidos de fase de ascenso á Segunda División. O que máis chama a atención é que, sendo A Malata un dos escenarios da fase, leva a Balaídos o partido que xogará o Racing de Ferrol ante do Ximnástico de Tarragona. Será o domingo ás 18:00 horas. A esa mesma hora, no feudo habitual do equipo departamental, comezará o partido entre o Vilarreal B e a U. D. Logroñés. 

O que si vai xogar no seu campo é o Deportivo. Riazor acollerá o partido entre o equipo de Borja Jiménez e o Linense o sábado ás 21.00 horas. O sábado pola tarde tamén se vai xogar a outra semifinal entre o Albacete e o Majadahonda. Balaídos será o escenario do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade