Publicador de contidos

Publicador de contidos

O agro galego apura a sementeira do millo con maior carestía

O agro galego apura a sementeira do millo con maior carestía

Prevese un aumento relevante da superficie destinada ao cultivo da gramínea

Imaxe de sementeira do millo en Vioxo, no concello de Mazaricos, este martes
G24.gal 11/05/2022 10:46

Máquinas de diversos tamaños e dunha leira para outra coas tarefas da sementeira do millo marcan estas semanas a actividade no campo galego. Apenas teñen horas de descanso máis que pola noite e o xusto para repoñer enerxía.  

Deben aproveitar as condicións favorables do momento nun ano con máis superficie de cultivo, como corroboran profesionais de Mazaricos, o concello con máis extensión dedicada ao millo.

Dulce Novío, gandeira, di que este ano van plantar un quince ou un vinte por cento máis, debido ao encarecemento dos custos de produción; gasóleo ou electricidade. "Todo se disparou", afirma.
Carlos Antelo, tractorista, sinala que "leiras que estaban paradas agora están a ser aproveitadas para o millo. E tamén leiras que estaban a monte e que agora se están a traballar".

O resultado económico final do ciclo de produción que agora se está iniciando virá, como sinala Dulce, determinado polas condicións atmosféricas nos próximos catro meses:

"O prezo do gasóleo está polas nubes e as empresas de servizos repercúteno en nós. Este ano está moi bo tempo agora. Esta por ver como vira durante o verán, se nos vai axudar ou non".

O tractorista, Carlos, di que levan dous meses o tope e que aínda quedan outros quince días para aproveitar este bo tempo que nos axuda e apuralo ao máximo.

En Mazaricos as plantacións de millo ocuparon na campaña pasada máis de 3.000 hectáreas. En toda Galicia, unhas 70.000 para destinar como forraxe a alimentación animal, especialmente vacas leiteiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar