Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Santiago bate récords con máis de tres millóns de pasaxeiros

O aeroporto de Santiago bate récords con máis de tres millóns de pasaxeiros

Alvedro perdeu case un 28 % de tráfico aéreo con respecto a 2019 e Peinador caeu un 5,8 %
 

G24.gal 10/01/2023 21:21

O aeroporto de Santiago rexistrou durante o 2022 máis de tres millóns de pasaxeiros.

En concreto, 3.236.619 viaxeiros utilizaron o aeroporto Rosalía de Castro A Lavacolla no ano que acaba de rematar. Son 332.000 máis ca no ano 2019, o anterior á pandemia. Isto supón un 11 % máis e sitúa este aeroporto como o de maior crecemento da Península, só superado polo de Menorca. 

Deste total de viaxeiros, case dous millóns e medio viaxaron en voos nacionais e 760 en conexións internacionais. 

Estas cifras significan que o 60 % de todas as persoas que entraron ou saíron de Galicia por aire  o fixeron polo aeroporto de Santiago. As cifras contrastan coas dous outros dous aeroportos galegos. Alvedro perdeu case un 28 % de tráfico aéreo con respecto a 2019 e Peinador tamén caeu un 5.8 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos