Publicador de contidos

Publicador de contidos

O administrador de Alu Ibérica pide un ERE para extinguir os contratos

O administrador de Alu Ibérica pide un ERE para extinguir os contratos

Os traballadores esixen ao Goberno e á Xunta que convoquen de urxencia a mesa ministerial 

Pídenlles que cumplan os seus compromisos para o mantemento do emprego

G24.gal 18/02/2022 23:16

O administrador concursal de Alu Ibérica comunicou á plantilla da Coruña que vai solicitar ao xulgado do Mercantil número 2, a execución dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para a extinción de todos os contratos dos traballadores, segundo informa o comité de empresa.

Ademais o administrador insta os empregados a constituír a comisión representativa dos traballadores no prazo de sete días.

“Ante esta delicada situación esiximos ao Ministerio de Industria e á Xunta de Galicia que convoquen de urxencia a mesa ministerial para a viabilidade da planta e que cumpran os seus compromisos para o mantemento do emprego”, salientan desde o comité de empresa.

De non ser así, din, o administrador concursal é “só o mecanismo para o despedimento da plantilla, sendo os responsables e executadores as propias administracións que non cumpren coa palabra dada aos traballadores logo de prometerlles e mentirlles con solucións”, engadiron desde o comité.

Para eles a única solución de urxencia é que a SEPI interveña temporalmente as plantas para devolvelas logo ao mercado privado cun proxecto industrial de percorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade