Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Adif adxudica dúas obras na Mariña na rede de ancho métrico por 2,1 millóns

O Adif adxudica dúas obras na Mariña na rede de ancho métrico por 2,1 millóns

Os traballos de mellora realizaranse en Foz e entre os apeadoiros de Viveiro e Xove

G24.gal 23/10/2025 12:26

O Adif adxudicou, por un importe global de 2,1 millóns de euros, dous contratos de obras de mellora da infraestrutura en varios puntos da liña de ancho métrico Ferrol-Pravia, ao seu paso pola provincia de Lugo, na Mariña.

Segundo destacou a entidade nunha nota de prensa, o primeiro dos contratos, adxudicado por 1,28 millóns de euros, ten por obxecto o tratamento do noiro da plataforma ferroviaria na zona da praia de Area Longa, no concello de Foz.

Pola súa banda, o segundo contrato foi adxudicado por 819.820,87 euros e ten por obxecto a estabilización de noiros das trincheiras situadas en dous tramos situados entre os apeadeiros de Viveiro e Xove, concretamente entre os puntos quilométricos 87/050 e 87/205, e entre os puntos quilométricos 95/640 e 95/900 da liña Ferrol-Pravia.

En liñas xerais, os traballos teñen como finalidade reparar, asentar e conferir unha protección permanente ás zonas que discorren en noiro xunto á plataforma da vía e que poden ser susceptibles de risco por choivas e outros factores climatolóxicos adversos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade