Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pratos preparados gañan espazo nos supermercados

Os pratos preparados gañan espazo nos supermercados

O sector do gran consumo adáptase aos novos hábitos dos clientes

G24.gal 22/10/2025 14:44

É unha imaxe que vai ganando terreo no interior dos supermercados. Un espazo de comida preparada para un consumidor que cada vez cociña menos na casa.

"Acabamos collendo comida desta porque aforra tempo", explica un cliente. "Para os traballadores é económica, comparada cos restaurantes", di un traballador.

É un dos cambios que o gran sector do consumo está detectando no consumidor que anima a distribución a novas aperturas.

"A comida preparada está sendo unha das tendencias do mercado. Estamos traballando nunha liña de produtos listos para comer e queremos seguir evolucionando nesa liña", asegura Ricardo Álvarez, conselleiro delegado de DIA.

Os cambios sociais apuntan tamén menos compras grandes e tíckets de compra máis axustados. O sector afronta con optimismo as incertezas do mercado. Calculan que as empresas do gran consumo medrarán este ano máis dun 4 %. Pero advirten da minoración pola caída da renda dispoñible das familias e tamén da confianza do consumidor.

"Na medida en que os indicadores sigan coma o de agora, creo que o crecemento será menor na mesma liña na que baixa o PIB. Pero non temos por que ser pesimistas", cre Ignacio González, presidente de AECOC.

E apuntan un dato. Os mozos gastan un 36 % menos na cesta da compra que o chamado cliente sénior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade