Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os armadores galegos pedirán ao ministro de Pesca que baixe o IVE do combustible para poder seguir coa flota no mar

Os armadores galegos pedirán ao ministro de Pesca que baixe o IVE do combustible para poder seguir coa flota no mar

Os destilados medios que usan os sectores produtivos galegos, agricultura e pesca, é dicir o diésel é o combustible máis afectado pola suba derivadda da Guerra de Irán

Aínda que a flota galega segue no mar a traballar se continúa a subir o combustible algúns armadores poderían optar por non  sacar os barcos a pescar 

En menos de quince días de marzo o diésel para embaracións xa se duplicou de 500 a 1000 euros a tonelada
G24.gal 14/03/2026 14:07

En tan só 15 días os carburantes subiron máis dun 25%. E isto tendo en conta a importancia do gasóleo non só no noso día a día senón tamén en sectores como o pesqueiro. Unha situación que pon en risco a viabilidade económica de numerosos buques e que podería provocar unha paralización da actividade

Os sectores pesqueiros de todo o mundo sofren unha cadea de consecuencias negativas pola Guerra de Irán. O sector pesqueiro galego, que como o agrícola usa estos destilados a medios, está vendo como cada saída ao mar, tanto en altura como en baixura, se encarece.  Porque o combustible dupilcouse. E loxicamente o peixe e o marisco chegarán máis caros á lonxa, aos mercados e finalmene ao prato. O Presidente dos Armadores e da Lonxa da Coruña confirma a Televisión de Galicia que o luns se reunirán co ministro de Pesca e adiantan que lle solicitarán a baixada do IVE e outras bonificacións fiscais.

Os destilados medios que usan os sectores produtivos galegos, agricultura e pesca, é dicir o diésel é o combustible máis afectado pola suba derivadda da Guerra de Irán. Se segue subindo o combustible algúns armadores poderían optar por nos  sacar os barcos a pescar porque ou cobran o peixe a prezo do ouro ou non lles compensará poñelo nas lonxas galegas. Polo de agora a flota galega mantense no mar. Os armadores reúnense o luns co ministro do gremio, Luis Planas. 

"Hai que manter o prezo do combustible nuns parámetos que nos permita a súa rendabilidade. Senón imos ter que para os barcos e parar unha fonte de alimentación clave e básica, penso, para a poboación española e europea. Por un lado esas medidas encamiñadas a manter o prezo máximo por litro de combustible  e por outro lado esoutras medidas fiscais que se poidan implementar e que levamos moitos anos pedindo, como é a redución do I.V.E.", explica Juan Carlos Corrás, o Presidente de Armadores e da Lonxa da Coruña.

Do mar á lonxa, ao mercado. A crise da suba de prezos de combustibles pola Guerra de Irán comeza, tibiamente, a chegar ás mesas das casas galegas, especialmente nos produtos de importación, como a nécora que xa subiu cinco euros o quilo. En menos de quince días de marzo o diésel para embaracións xa se duplicou de 500 a 1000 euros a tonelada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade