A tendencia alcista do Euríbor adianta un encarecemento das hipotecas variables
A construción advirte que o previsible encarecemento das materias primas por mor da guerra pode atrasar ou paralizar obras
A guerra no Oriente Próximo ameaza as hipotecas a tipo variable e as persoas que están pensando en financiar a compra dunha vivenda. A escalada que iniciou o Euríbor o 28 de febreiro situonou por riba do dous e medio por cento o martes pasado. Foi o maior incremento diario en 20 anos.
"A xente que nestes momentos está en trámites de asinar a hipoteca intenta apurar a sinatura para que non lle suban os tipos e as persoas que aínda están no proceso de mirar pisos están pendentes do banco para ver como lles quedaría a hipoteca, porque unha cuota máis elevada pode implicar ter que mercar algo de menor prezo", explica Emma Martínez, presidenta de Asociación Galega de Inmobiliarias.
O índice de referencia para a maioría das hipotecas variables en España pechou a semana á alza. Se esta tendencia se mantén, os incrementos nas cuotas serán inevitables. Unha suba de medio punto no Euríbor podería traducirse nun aumento de entre cincuenta e cen euros mensuais nunha hipoteca media. Hai, ademais outro problema no horizonte: o previsible encarecemento das materias primas para a construción de vivendas.
"Na obra nova pode haber un reaxuste dos prezos á alza pola suba das materias primas. Quizais non na segunda man, onde hai máis estabilidade, pero a xente que precise facer unha reforma ou as comunidades de propietarios que necesiten facer grandes reformas no edificio entendo que poden ter máis medo a que suban as obras", asegura.
A Cofederación Nacional da Construción advirte de posibles atrasos e mesmo de paralización de obras.