Os traballadores e as eléctricas queren prorrogar a vida das centrais nucleares
Teñen de prazo ata o un de novembro para solicitar a prórroga ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica
O previsto é que Almaraz sexa a primeira planta en parar por completo, en 2028
Representantes dos comités de empresa de todas as centrais nucleares de España reuníronse este mércores en Estremadura para apoiar a continuidade da planta de Almaraz, a primeira en pechar segundo o calendario do Goberno.
As tres eléctricas propietarias queren unha prórroga da actividade.
Iberdrola, Endesa e Naturgy, as propietarias da planta, están dispostas a prolongar a súa vida útil ata 2031, tres anos máis tarde do previsto.
Teñen de prazo ata o un de novembro para solicitar a prórroga ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica.
O previsto é que Almaraz sexa a primeira planta en parar por completo, en 2028.
Os comités de empresa das cinco centrais nucleares españolas reuníronse en Estremadura para fixar unha postura común coa que reinvindicar ante o Goberno a prórroga da actividade nuclear en España.