Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acordo das pensións prexudicará as xeracións máis novas

O acordo das pensións prexudicará as xeracións máis novas

Os expertos dín que a suba das cotizacións afecta, sobre todo, os mozos con peores condicións laborais

G24.gal 17/11/2021 13:56

Os expertos din que aumentar as cotizacións para pagar as pensións terá como consecuencia un incremento dos custos laborais de dous millóns de euros.

Advirten de que este mecanismo traspasa parte do custo da xubilación ás xeracións máis novas que saen moi prexudicadas.

Subindo as cotizacións aumentará o custo laboral nun mercado cun paro estrutural e xuvenil elevado. Din que a medida penaliza os mozos, os que máis sofren a precariedade laboral con contratos temporais e salarios máis baixos. 

A nova cotización suporá elevar os custos laborais ata os 2.000 millóns de euros anuais. A recarga nas nóminas dos traballadores irá dos 75,06 euros aos algo máis de 290, en función das bases coas que coticen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade