Publicador de contidos

Publicador de contidos

O accidente de Córdoba, o cuarto sinistro ferroviario con máis falecidos en España

O accidente de Córdoba, o cuarto sinistro ferroviario con máis falecidos en España

A maior catástrofe da historia do ferrocarril en España ocorreu en 1944, en Torre do Bierzo, onde faleceron centos de persoas, unhas 500 segundo diversas fontes, aínda que as cifras oficiais limitaron o número de vítimas a 78  

O accidente de Angrois, o 24 de xullo de 2013, é o segundo con máis vítimas mortais 

Curva da Grandeira, onde se produciu o accidente do Alvia o 24 de xullo de 2013 Curva da Grandeira, onde se produciu o accidente do Alvia o 24 de xullo de 2013
G24.gal 19/01/2026 09:42

O descarrilamento de dous trens na vila cordobesa de Adamuz, no que os falecidos ascenden cando menos a 39, amais dun cento de feridos, é o cuarto sinistro ferroviario con máis vítimas mortais rexistrado en España.

O accidente ferroviario con máis falecidos en España tivo lugar o 3 de xaneiro de 1944 á saída da estación leonesa de Torre do Bierzo, cando o correo expreso 421 de Madrid a Galicia, repleto de viaxeiros, chocou contra unha locomotora en manobras.

O réxime franquista silenciou inicialmente o sinistro, e aínda que a cifra oficial facilitada por Renfe posteriormente foi de 78 mortos e 75 feridos, estímase que houbo centos de falecidos, ao redor de 500, segundo diversas fontes.

A segunda maior traxedia ferroviaria en España ocorreu o 24 de xullo de 2013 co descarrilamento en Angrois do tren Alvia que cubría a ruta Madrid-Ferrol, morreron 80 persoas e 143 quedaron feridas.

En xullo de 1972, 79 persoas perderon a vida tras chocar o ferrobús Cádiz-Sevilla, entre as estacións del Cuervo e Lebrija, cun tren expreso.

Amais destes tres accidentes, a historia do ferrocarril en España deixa máis accidentes graves. O 9 xaneiro de 1961, 24 persoas morreron e 50 resultaron feridas ao chocar o expreso de Valencia contra un mercadorías en Barcelona.

O 11 febreiro de 1965, 34 persoas faleceron e 33 quedaron feridas ao incendiarse tres vagóns do tren correo Madrid-Barcelona, na provincia de Zaragoza.

O 18 decembro de 1965, 31 viaxeiros morreron e 47 quedaron feridas ao chocar na provincia de Salamanca o tren que facía a ruta Irún-Lisboa contra un convoi mixto.

O 19 decembro de 1966 morreron 21 persoas e oito quedaron feridas ao chocar un automotor contra un mercadorías na provincia de Teruel.

O 9 agosto de 1970 dous trens que cubrían a liña Plentzia-Bilbao chocan frontalmente na vila biscaíña de Urduliz. Morreron 33 persoas e 47 resultaron feridas.

O 28 febreiro de 1977, 22 persoas morren e 87 resultan feridas tras o choque en Corbera de Llobregat dun tren procedente de Martorell contra un automotor que saíra de Barcelona.

O 24 setembro de 1980, 27 persoas faleceron e 40 quedaron feridas ao arroiar o tren Madrid-Valencia a un autobús nun paso a nivel da localidade valenciana de Chirivella. Todas as vítimas mortais eran pasaxeiros do vehículo rodado, saíndo ilesas as que ían no tren.

O 31 marzo de 1997, 18 viaxeiros morreron e cen resultaron feridos ao descarrilar un tren en Navarra que facía a ruta Barcelona-Hendaia.

O 3 xuño de 2003, 19 persoas morreron e 38 quedaron feridas ao chocar frontalmente na provincia de Albacete un tren Talgo e un mercadorías que circulaban por un tramo de vía única.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade