Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 80% das vivendas turísticas de Galicia non teñen o código obrigatorio de rexistro único

O 80% das vivendas turísticas de Galicia non teñen o código obrigatorio de rexistro único

O identificador do Ministerio de Vivenda é imprescindible para anunciarse nas plataformas online

G24.gal 27/07/2025 14:17

Desde o un de xullo, todas as vivendas turísticas deben contar cun número de rexistro do Ministerio de Vivenda para poder anunciarse nas plataformas dixitais, pero en Galicia unicamente o 20% ten xa este identificador oficial. A asociación AVITURGA cre que os propietarios atrasaron a solicitude do código porque as reservas para a temporada de verán estaban pechadas con anterioridade.

"Entendemos que é porque o rexistro só é obrigatorio para publicar anunicous en Booking, Airbnb ou plataformas similares. Entón, como a temporada xa está reservada moitos propietarios agardaron para solicitar o rexistro, porque é complexo", explica Rafael Serrano, vicepresidente de Aviturga.

O identificador é imprescindible para poder publicitar nas plataformas online unha vivenda turística. Hai case 28.200 no rexistro autonómico, pero son pouco máis de dezmil as que solicitaron o código. A metade das peticións aínda están sen resolver. Desde a asociación que representa os propietarios, advirten das consecuencias de pospoñer máis a tramitación.

"A aqueles propietarios que non se dean de alta no rexistro daránlles os anuncios de baixa nas plataformas. Poderán seguir reservando as vivendas directamente ou a través de plataformas nas que se no se asine o contrato de forma directa".

Airbnb comprometeuse a informar mensualmente ao Ministerior de Vivenda sobre os anuncios que se publican na súa plataforma e a retirar os que carezan do código de rexistro único.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade