O 60 % dos españois séntense máis novos do que son
A diferenza entre a idade real e a autopercibida amplíase cos anos
Coidámonos máis e temos mellor calidade de vida
A data de nacemento determina a nosa idade cronolóxica, pero outra cousa é como nos vemos, a idade autopercibida, e aínda que hai quen concorda coa súa, un estudo revela que o 60 % dos españois se ven máis novos. Na rúa atopamos señores de 86 anos que confesan sentirse coma rapaces.
Tamén os máis novos quitan anos. Hai a quen lle parecen moitos os seus 25 e mozos de 20 que din sentirse coma se tivesen 17.
As diferenzas entre a idade real e a autopercibida amplíase a medida que se cumpren anos e rebáixanse ata dez anos entre os septuaxenarios.
Unha mellor calidade de vida e hábitos saudables semellan estar detrás desta situación e todos din que o que importa é o espírito.
Só o 15 % da poboación se ve maior do que realmente é.