Cargando resultados...
O 2024 futbolístico comeza cun derbi na 1ª RFEF entre o Lugo e o Celta Fortuna
O partido poderá verse este martes na G2 e en eventos.crtvg.gal desde as 19:00 horas
G24.gal
01/01/2024 22:03
O ano comeza na G2 co líder, o Celta Fortuna, tomándolle a medida ao novo Lugo de Paulo Alves. O técnico portugués apenas dispuxo de tempo para si puido sentar os alicerces do seu proxecto.
A ese bloque enfrontarase o filial celeste ao que lle custa verse como favorito malia ser o equipo máis goleador da categoría e o que máis partidos gañou na primeira volta.
Para darlle azos ao seu equipo, un bo número de seareiros desprazaranse ata o Anxo Carro este martes ás sete da tarde no primeiro partido de 2024 que poderemos seguir pola nosa segunda canle.