Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comercios do barrio coruñés de Elviña volven ser vítimas de roubos con forza

Comercios do barrio coruñés de Elviña volven ser vítimas de roubos con forza

Os propietarios explican que os ladróns foron directos aos cartos

Denuncian que hai roubos acotío e piden máis vixilancia policial

G24.gal 20/03/2023 13:59

Importante vaga de roubos no barrio coruñés de Elviña. Unha clínica veterinaria, onde hai unha semana xa roubaran un peto con 60 euros, foi dos últimos negocios asaltados. Tras forzar a reixa cun gato, fixeron un burato no cristal da porta e accederon ao interior. Sen remexar nada, foron directos á caixa rexitradora. levaron arredor de 350 euros.

Na mesma noite entraron, do mesmo xeito, nunha panadería. De alí levaron os cartos do cambio, uns 100 euros. Pero tamén refrescos e unha caixa de chocolate negro. 

Este luns xa estaban instalando unha alarma para non volver ser vítimas, porque moitos aseguran que neste barrio hai roubos todos os días.

E isto fai que tanto os comerciantes coma os veciños se vexan inseguros e con medo. Así as cousas, piden máis vixilancia policial, tanto pola noite coma polo día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade