Cargando resultados...
Novos cardeais para unha Igrexa "máis universal e máis integradora"
Teólogos e historiadores analizan o novo golpe de efecto do papa Francisco
G24.gal
12/09/2022 19:27
Última actualización 12/09/2022 20:00
O papa Francisco acaba de designar vinte novos cardeais cun perfil que rompe co habitual do cardealado. A maioría deles son de países emerxentes onde a Igrexa está crecendo ou onde os católicos son minoría. Un novo equilibrio xeográfico co que, coinciden os analistas, o papa marca un futuro máis universal e descentralizado da Igrexa.