Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maiores en vivenda sen ascensor: "Vou subindo e parando nos descansos"

Maiores en vivenda sen ascensor: "Vou subindo e parando nos descansos"

Neste 2024 a Xunta destina 9,5 millóns de euros para instalar elevadores en axudas que van desde os 6.000 ata os 18.000 euros por vivenda

G24.gal 14/03/2024 14:52

Aos seus 92 anos, Celia e o seu home apenas saen da casa. O motivo, os 56 chanzos que os afastan da porta da rúa. Viven na cuarta planta deste edificio sen ascensor. "O único se vou comprar un pouco de peixe, se non non baixo", di Celia.

Amalia vive en fronte, ten 87 anos. Coincide coa súa veciña en que baixar as escaleiras aínda o levan, pero subilas suponlles un grande esforzo, teñen que facelo por treitos, descansando en cada relanzo nos tallos que lles colocaron os veciños.

"Vou subindo e parando nos descansos gracias a estes ferros", explica Amalia, e Celia di que si usa os tallos: "Sento un anaco e logo volvo subir".

Esta urbanización conta con nove edificios e só dous teñen ascensor. Segundo a Asociación Galega de Ascensores, en Galicia as vivendas accesibles non representan más do 18 por cento. 

"Hai que saber se existe unha viabilidade técnica para instalar o ascensor", di Fernando Toubes da Plataforma SOS A Milagrosa.

Hai axudas para facer estas obras, van desde os 6.000 aos 18.000 euros por vivenda, pero non son nin suficientes nin selectivas segundo as necesidades das comunidades. "Hai persoas con minusvalía que ademais teñen poucos recursos, hai que priorizar", explica Ángeles Rios, da asociación galega de ascensores.

Neste 2024, a Xunta destina 9,5 millóns de euros á mellora da accesibilidade das vivendas, coas que se espera financiar unhas 1.300 intervencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade