Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo golpe ao mercado negro de marisco ilegal en Ferroterra ante o Nadal

Novo golpe ao mercado negro de marisco ilegal en Ferroterra ante o Nadal

A Garda Civil e Gardacostas interveñen 344 quilos de centola e de ostras

O patrulleiro Ría de Vigo participou na operación contra o furtivismo en Ferrolterra O patrulleiro Ría de Vigo participou na operación contra o furtivismo en Ferrolterra
G24.gal 03/12/2022 13:51

O Seprona de Pontedeume e o Servizo de Gardacostas de Galicia aprehenderon 300 quilos de centola e 44 de ostras na ría de Ferrol e Ares, nun operativo conxunto contra o furtivismo ante a chegada das datas de Nadal.

Durante o mes de novembro realizáronse numerosos dispositivos especiais contra o furtivismo. Eses labores contaron co respaldo da embarcación auxiliar do buque Ría de Vigo, realizándose numerosas vixilancias ata localizar os puntos onde os furtivos deixaban fondeadas redes coas capturas de días anteriores.

A Garda Civil indicou que abriu varias actas por incautación de máis de 300 quilogramos de centola e 44 de ostra, fondeados en distintos puntos da ría. Igualmente, informou de que se notificaron á Consellería do Mar diversas infraccións á Lei de pesca de Galicia, con sancións previstas de ata 30.000 euros por carecer de identificación, así como de autorización para a súa captura.

Todas as especies intervidas puideron ser devoltas ao mar ao atoparse vivas, xa que estaban fondeadas no momento da súa localización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade