Publicador de contidos

Novo ataque do lobo en Ourol, con dous cans devorados

Novo ataque do lobo en Ourol, con dous cans devorados

Tratábase dun mastín e dun cachorro de jack terrier, pertencentes a un veciño da aldea de Tiñade

G24.gal 02/11/2021 13:48

Continúa a vaga de ataques do lobo no concello mariñao de Ourol. Nesta ocasión, matou dous cans na parroquia de Bravos. Tratábase dun mastín e dun cachorro de jack terrier, pertencentes a un veciño da aldea de Tiñade.

A súa familia sinala que todo se produciu de forma moi rápida. De feito, cando se quixeron dar de conta, os animais xa estaban medio devorados.

O ataque produciuse moi preto das casas. O lobo foi arrastrando os cans ata o medio duns eucaliptos novos, que quedaron tronzados. Os veciños do lugar din agora que teñen medo.

Ao dono dos animais quédanlle agora outros dous cans, ademais dunha manda de vacas e outra de eguas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade