Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo ataque da manda de cans salvaxes de Maside: "Xa me mataron 30 ovellas"

Novo ataque da manda de cans salvaxes de Maside: "Xa me mataron 30 ovellas"

É o terceira vez que entran na granxa de Isabel e "ninguén compensa as perdas"

A manda, formada por uns 12 cans silvestres, ten atemorizados os veciños de Maside e do Carballiño

G24.gal 14/02/2025 14:07

De pouco lle serviu a Isabel o peche onde ten o gando. A manda de cans salvaxes que deambula pola zona volveu visitar as súa ovellas e deixoulle oito novas vítimas mortais.

"Entran buscando oco por baixo ou subindo pola tea, da última vez que viñeron vin eu como saían así da cuadra", di Isabel García, propietaria dunha gandería en Lobada, Maside.

Este é o terceiro ataque dos cans que padece nos últimos meses, en total perdeu 30 ovellas. Denunciou a situación ante a Garda Civil en dúas ocasións. Pero quéixase de que ninguén soluciona o problema nin lle compensa as perdas económicas.

"Haberá que buscar solución, xa me mataron moitos animais. As perdas que levo son duns 3.500 euros, calculando polo baixo, e iso a ver quen mo paga".

Os cans, que se moven entre Maside e O Carballiño, teñen atemorizados os veciños, causan problemas de tráfico e teñen matado mascotas. Ao parecer están totalmente asilvestrados e actúan de xeito similar a unha manda de lobos.

"Actúan en grupos de sete, e de oito, e unha veciña viu onte un grupo de doce cans".

As administracións anunciaron un plan de actuación para prender a manda mediante gaiolas trampas individuais e comedeiros colectivos. Piden colaboración veciñal para que ninguén os alimente se non é co fin de darlles captura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade