Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha manda de cans abandonados causa alarma en Maside e no Carballiño

Unha manda de cans abandonados causa alarma en Maside e no Carballiño

Aseguran que xa mataron dous gatos e unha ovella, ademais de causarlles danos a outros animais domésticos

Levan máis dun ano presentando denuncias pero, polo momento, ningún foi capturado

G24.gal 13/02/2025 13:23

Unha ducia de cans abandonados deambulan pola zona limítrofe entre Maside e O Carballiño. Gravounos unha veciña de Corzos, que lles segue a pista desde hai tempo.

"Cando os empecei a gravar serían catro ou cinco. Tempo despois xa eran oito e a última vez creo que cheguei a gravar 12", explica Ana Fernández, a veciña que os gravou.

A ela matáronlle unha gatiña, no patio da súa casa. E non foi a única vítima. Máis animais domésticos foron obxecto dos seus ataques, segundo consta no informe elaborado pola Policía Local do Carballiño.

"Entraron e engancharon a gata, que era maior, e matárona. Despois funme enterando de que a un lle mataron unha ovella, a outro unha cabra", asegura Ana.

Os veciños están preocupados. Din que é perigoso sacar os cans de paseo por esta zona. Tamén hai risco para o tráfico. Neste vídeo, vese como frean os coches pola irrupción dos cans na calzada.

"Incluso cando un é maior, non se dá defendido deles, porque son varios. Como normalmente vas sen nada na man, é un perigo". "Cando chegue o momento, todo o mundo leva as mans á cabeza, pero non fan nada, e iso que hai tempo que saben do problema porque foi denunciado", lamentan dous veciños, un da Uceira, no Carballiño, e outro de Corzos, en Maside.

Reunión

O director da rede provincial de centros de recollida de animais abandonados, da que forma parte a canceira do Carballiño, acaba de reunirse con representantes dos concellos afectados e mais da Policía Local para faceren un plan de actuación. Pídenlles aos veciños colaboración para abordar o problema.

"O problema vaise solucionar porque todos eses problemas acaban solucionándose, pero requiren a colaboración dos veciños. Primeiro para que deixen de alimentalos de forma descontrolada. Non se pode alimentar este tipo de animais se non é co obxectivo único de capturalos", solicita Sindo González, director da rede de centros de recollida da Deputación.

Esta mesma semana van colocar gaiolas trampa, individuais, e comezarán tamén a instalar un valado con capacidade para máis individuos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade